Monforte acolle o Campionato Provincial Escolar de Xadrez
05/05/2015 - Deportes
O vindeiro domingo día 10 de maio celebrarase, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, o Campionato Provincial Escolar de Xadrez.
Este campionato está organizado pola Xunta de Galicia dentro do programa Xogade de Deporte Escolar e o Club Xadrez Forte, e conta coa colaboración do Concello de Monforte.
O horario do campionato será de 10:30 a 17:30 horas.
Un total de vinte rapaces/as de Monforte se clasificaron para esta fase final da competición escolar de xadrez correspondente ó curso 2014 – 2015.
Xa temos a reportaxe fotográfica do que lles aconteceu aos participantes na excursión de fin de curso para o alumnado de quinto e sexto cursos. A viaxe tivo como destino unha fantástica estadía de catro días n'O Grove, onde realizaron unha chea de actividades que xa veredes o divertidas que foron:
Aquí temos a nosa aportación á exposición de varios centros da comarca que tivo lugar na sala de exposición da Casa de cultura de Burela as últimas semanas do mes de abril e principios de maio.
Esta pasada semana tivemos o grande honor de contar cuns obradoiro de ARTE realizados pola ilustradora mariñá Lucía Vila, que resultou ser unha excelente colaboradora tanto para todo o alumnado, como para o profesorado e demais participantes. Estámoslle moi agradecidos todos a Lucía por unhas xornadas que nunca esquecermos.
E como é moito mellor velo, despois dunhas sesións de creativo e divertido traballo, para mostra un botón, aquí tedes as nosas obras de arte, así como o proceso de elaboración en fotos:
Lucía Vila Rego (1984, Benquerencia, Lugo) é unha artista mariñá que compaxina o seu traballo de debuxante e pintora co da docencia en diferentes institutos de Secundaria e outros centros escolares. Licenciada en Belas Artes e Historia da Arte pola Universidade de Salamanca, dedícase principalmente á ilustración de relatos infantís, entre os que destacan os Cuentos de Mariseca para todos los públicos (escrito por Isabel Bernardo, 2010), e os seus cadernos de viaxe, entre eles os de París, Londres, Santiago de Compostela e Salamanca.