Skip to Content

O blogue de Coguleo

Celebración: Fin de curso 2014-2015

   Un ano máis chegamos á fin dun novo curso escolar. Celebrámolo primeiro na Biblio con música, vídeos de creación propia e, despois, no patio do cole cun fato de xogos. Non houbo tempo para aburrirse!

Biblio.-Artes: Pintando o Picasso (1º e 2º EP)

Biblio.- Vídeos creados no curso 2014-15

Xa temos os ultimísimos vídeos de creación propia do alumnado maior do colexio. Agardamos que vos divirtades tanto coma nosoutros cando os estábamos facendo e despois ao velos montados:

Revista escolar "Día a Día", número 27

 

Podes descargar a publicación aquí:

Día a día, 27. Revista Escolar 2015. CEIP Fondo-Nois. Publicada pola Biblioteca Fondo-Nois

Extra.- Excursión Á Coruña (I)

1ª parte das fotos da excursión á Coruña:

(A) MAÑÁ: 4º, 5º e 6º cursos. 1.- Saída de Nois. 2.- No obelisco do Milenio en Labañou. 3.- Visita ao MUNCYT da Coruña.

(B) SERÁN: 4º, 5º e 6º cursos. 4.- Museo de Belas Artes da Coruña, exposición "O primeiro Picasso; A Coruña 2015". 5.- Chegada, e finalmente todos xuntos, no parque do monte de San Pedro. 6.- Volta e chegada a Nois.

 

PARA VER MÁIS FOTOS DOUTROS CURSOS:

 

TEMAS E LUGARES CITADOS CON LIGAZÓNS:

Biblio.- Artes: Expo en Burela

Aquí temos a nosa aportación á exposición de varios centros da comarca que tivo lugar na sala de exposición da Casa de cultura de Burela as últimas semanas do mes de abril e principios de maio.

As obras que aportou á exposición colectiva foron a maioría as obras resultantes dos obradoiros de pintura creativa impartidos pola ilustradora mariñá Lucía Vila, e así de ben locían no medio doutros grandes artistas que temos na Mariña:

 

 

Biblio.- Artes: "O cadro que máis me gusta" visita as familias de 3º

 

No medio de tanta arte, tivemos tamén unha lembranza para as nosas familias, en forma de agasallo de arte. Por iso este curso visita as familias de 3º o noso proxecto O cadro que mais me gusta:

Biblio: día do libro con agasallos

     Nas celebracións do día do libro do pasado 23 de abril non só nos propuxemos festexalo con arte e literatura, xa que fixemos un mural cheo de desexos literarios que acompañamos con moitas ilustracións, senón que tamén houbo outros agasallos para os ávidos lectores da nosa biblioteca escolar.

     Mirade, mirade:

Biblio: día do libro (festa con ilustracións e música)

A pasada semana celebramos o día do libro cunha festa de escritores e moita música. Case escribimos unha novela enteira entre todos, iso si, chea de ilustracións. Bótalle un ollo:

 

 

Semana das artes plásticas da Mariña no CENIMA (Foz)

Hoxe visitamos o CENIMA co gallo da exposición que alí se organiza para a Semana das artes plásticas da Mariña:

Subscribirse a este contido