Skip to Content

A nosa biblioteca

DÍA DE ROSALÍA.

O pasado 24 de febreiro celebramos o “Día de Rosalía de Castro”, data na que se conmemora o seu nacemento. O alumnado do noso centro realizou varias actividades na aula para celebrar este día.

- Os alumnos e alumnas de 3º e 4º elaboraron un mural de Rosalía ao estilo Andy Warhol e compuxeron uns vídeos. Podedes ver o seu traballo a continuación:

 

- Os alumnos de 2º de Primaria realizaron unha unidade didáctica sobre a vida de Rosalía e o poema "Follas Novas". Podedes ver as imaxes premendo na foto:

O CLUB DOS RAROS.

Dentro do taller de Animación á Lectura, o alumnado de 3º de Primaria tamén realizou unha actividade relacionada co libro “El club de los raros”  de Jordi Sierra i Fabra, onde realizaron as descricións dalgúns personaxes do club.   

 

FELIZ FEROZ

O alumnado de 2º de Primaria, dentro do taller de Animación á Lectura, realizou unha actividade relacionada co libro “Feliz Feroz” de Miguel Ángel López “El Hematocrítico”. Realizaron uns debuxos preciosos! Podedes vela na seguinte publicación.

POLO OLLO DA PECHADURA, GUSTARÍAME VER...

O alumnado de 5º de Primaria, dentro do taller de Animación á Lectura, realizou a actividade POLO OLLO DA PECHADURA GUSTARÍAME VER…, relacionada co libro “Vic e Bombona” de Sara Barreiro. Podedes vela na seguinte publicación.


Hábito lector en Educación Infantil (1º trimestre)

Dende a Biblioteca seguimos fomentando o hábito lector coa realización de actividades relacionadas con diversos contos infantís: Cocorico, Chocolata, La Castañera Felipa, El reno de Navidad... 

Preme na imaxe para ver as fotos.

25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  A continuación deixámosvos uns vídeos realizados polos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria para reivindicar dita loita.

Música. El Diluvi. E ti, só ti (Con Sés)

 

Peixes raros

Libro realizado polo alumnado de 3º de Primaria no curso 2019-20 dentro do proxecto "O MAR".

 

Aves mariñas.

Libro realizado polos nenos e nenas de 4º de Primaria, no curso 2019-20, dentro do proxecto "O MAR".

Abecedario mariño.

Libro feito polos nenos e nenas de 2º de Primaria dentro do proxecto "O MAR" no curso 2019-20. 

Abecedario do mar.

Libro realizado no curso 2019-20 polo alumnado de 1º  de Primaria, dentro do proxecto "O MAR".

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut