Skip to Content

Complementarias

Certame IlustrarNós.

O noso alumno Hugo Moirón Martínez, foi o gañador do II Certame Escolar de Ilustración IlustrarNÓS, na categoría de 5º e 6º de Primaria, convocado pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo. O acto da entrega de premios tivo lugar onte, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Parabéns Hugo!

SESIÓN DE IOGA

O pasado xoves, aproveitando o bo tempo, o alumnado de Educación Infantil, 1º de Educación de Primaria e os mestres/as, realizaron unha sesión de ioga ao aire libre coa que desfrutaron moitísimo.

(Preme na imaxe para ver o vídeo)

OBRADOIRO "Nosos Ilustres instrumentos".

Onte o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou no divertido obradoiro de música tradicional e ilustración,"Nosos Ilustres instrumentos", parte do programa Ilustrarnós organizado pola Deputación de Lugo. Dito obradoiro correu a cargo da ilustradora Laura Romero e do músico Juan A. Álvarez.

(PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS(

CHARLA: INCLUSIÓN EDUCATIVA E SOCIAL.

Onte o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de recibir unha interesante e emocionante charla sobre a inclusión escolar e social, lembrando que todos somos iguais e que temos os mesmos dereitos e oportunidades, independentemente de cómo sexamos e de onde sexamos.

Esta actividade.foi organizada pora FAPACEL e xestionada pola ANPA.

(Preme na imaxe para ver máis)

ACTIVIDADE. "POR QUE TEMOS EMBIGO?"

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, recibiron a charla afectivo-sexual “Por que temos embigo?”, impartida por unha matrona, para dar a coñecer a súa profesión e tratar diversos aspectos relacionados co propio corpo e a reprodución. Esta actividade foi organizada pola FAPACEL e xestionada pola ANPA.

(Preme na imaxe para ver as fotos)

Actividade: "Grand Prix Financiero".

O pasado 21 e 22 de marzo, o alumnado de 3º a 6º de Primaria asistiron á actividade "Grand Prix Financiero", organizada pola sede Afundación, onde tiveron a oportunidade de gozar e aprender a xestionar os aforros e coñecer a importancia da saber axustarse a un presuposto a través do xogo, da creatividade e da imaxinación.

(Preme na imaxe para ver as fotos)

O MECO MANDA.

Chega o ENTROIDO e outro ano máis o noso amigo O Meco volve coas súas ordes para facernos pasar unha semana moi divertida. Animádevos!

PIRAGÜISMO POLO MIÑO.

O alumnado de 6° E.P. participou en Lugo nas xornadas de aproximación ao piragüismo a bordo dunha embarcación dragón polo río Miño a cargo do Programa Xogade. 

Este programa ten como finalidade achegar o deporte e fomentar os hábitos de vida saudables  a centos de estudantes de toda a provincia.

Aquí deixamos unhas fotiños! 

CHARLA (PLAN DIRECTOR)

Dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron o pasado luns, unha charla informativa-formativa sobre temáticas como violencia de xénero, o papel da muller no mundo laboral e acoso escolar, impartida por unha persoa experta das Forzas de Seguridade do Estado.


SAÍDA Á PRAIA

O pasado 10 de setembro realizamos unha saída á praia dos Xuncos, dando a benvida ao novo curso escolar e así gozar do bo tempo e da natureza. Pasámolo moi ben!

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut