Skip to Content

Complementarias

SAÍDA Á PRAIA SETEMBRO 2023

O venres 29 de setembro realizamos unha saída á praia das Pólas. Foi un día moi divertido no que todo o alumnado do colexio gozou deste entorno tan marabilloso no que está situado o noso centro.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 22-23.

O pasado 21 de xuño puidemos gozar dun estupendo festival de fin de curso ideado e organizado polo noso mestre de Música, Manuel. As alumnas e alumnos deleitáronos coas súas actuacións nas que demostraron o gran talento artístico que teñen. Parabéns!

 

CHARLA DE NUTRICIÓN - HÁBITOS SAUDABLES.

Hoxe o alumnado de Educación Primaria recibiu na biblioteca unha charla a cargo de Leticia, sobre Nutrición e Hábitos Saudables, organizada pola FAPACEL e solicitada pola ANPA para o noso centro.

CONCERTO DE CÉ ORQUESTRA PANTASMA.

O pasado xoves, 11 de maio, dentro do noso proxecto en conmemoración do Día das Letras Galegas, tivemos a animada visita de César Freiria, máis coñecido coma Cé Orquestra Pantasma, que nos fixo cantar e bailar sen parar. Ademais tróuxonos un montón de xogos e xoguetes tradicionais e así gozar dun tempo todos xuntos. Foi moi divertido!

Excursión en O Grove. Día 1.

O alumnado de 5° e 6° de Primaria, estamos disfrutando duns días en O Grove. Aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o estamos a pasar!

E se chove, que chova!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfondonois/galeria/thumbnails.php?al...

MARIÑA AMBIENTAL.

O pasado venres, presentaron no noso cole a segunda edición do programa Mariña Ambiental, actividade organizada pola Universidade da Coruña (UDC), no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa.

Ademáis, realizáronse diferentes actividades relacionadas coa xestión dos residuos seguindo os principios de prevención, recollida separada, compostaxe e reciclaxe, entre elas: cálculo da pegada ecolóxica da xeración de residuos, Eco-auditoría de residuos (cantidades, composición e recollida separada) e limpezas da Praia dos Xuncos.

NOTA INFORMATIVA. (XOVES, 22 DE DECEMBRO.)

 

Con motivo destas festas o Centro ten preparadas varias actividades especiais para este xoves 22 DE DECEMBRO: obradoiros de construción de xogos, visita de Papa Noel, badaladas de despedida do ano... Por todo isto, o alumnado poderán vir vestidos con algo especial (elegantes, cun algún motivo navideño, etc.)

Agradecemos a vosa colaboración, un saúdo e FELICES FESTAS.

 

 

Incubación de polos da raza Galiña de Mos.

No noso cole desenvolveuse unha experiencia de incubación de polos da raza Galiña de Mos.

O pasado 3 de novembro trouxéronnos para a nosa biblioteca unha incubadora con 21 ovos e explicáronnos en qué consiste o proceso de incubación. Despois de 21 días que dura este proceso, naceron 5 poliños, aínda que por desgraza, un non sobreviviu.

A día de hoxe os poliños seguen medrando, grazas aos coidados que reciben do noso alumnado e esperando a que os leven ao seus novos fogares.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, ata nos trouxeron un galo e unha galiña da mesma raza! 

XORNADAS PEQUEPEIXE.

O pasado mércores o alumnado de 3º e 4º de Primaria asistimos ás Xornadas de PEQUEPEIXE, organizadas pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7) en colaboración con Armadores de Burela S.A. (ABSA). Alí realizamos diferentes actividades entre elas: aprendimos a diferenciar as principais especies pesqueiras e como se etiquetan, coñecimos algúns termos propios da linguaxe mariñeira, realizamos varios xogos na lonxa…

Pasámolo moi ben!

(Preme na imaxe para ver as fotos)

 

CHARLA PLAN DIRECTOR

As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron hoxe, unha charla informativa-formativa sobre ciberseguridade e acoso escolar,  impartida por unha persoa experta das Forzas de Seguridade do Estado, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut