O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", no que veremos como conxugamos os verbos facer e poder na nosa zona, xa que aquí “faigo” e “poido” no canto de “fago” e “podo” como no resto de Galicia.
Como xa sabedes, esta semana temos a extraordinaria visita dos mellores investigadores de todo o mundo, para reunirse no I Simposio Internacional de Zooloxía da Mariña, que terá lugar no noso centro mañá venres. Mencionar, que nos quixeron agasallar con este impresionante documental, onde se recolle a súa experiencia como investigadores e que foi realizado e editado por eles mesmos.
Estamos súper orgullosos de vós! Parabéns a todas e a todos e grazas polo agasallo! Sodes uns cracks!
Onte, disfrutamosna nosa biblio, dunhas sesións de contacontos a cargo do alumnado de 5º de Primaria, nas que compartiron cos máis peques (Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria) os contos “A TEA DE ARAÑA”e “IRIÑA BAILARINA”.
Sodes uns excelentes narradores!
A continuación podedes ver os vídeos premendo nas imaxes.
O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", onde nos falan dos chícaros, un produto moi presente na historia da xente de Foz, xa que supuxo un recurso moi importante na mesa e nas economías familiares no século pasado.
Despois das obras, por fin podemos voltar á biblioteca nos recreos, retomando o noso proxecto "Estamos rodeados". Todos os xoves teremos unha sesión de cine, na que se proxectarán os capítulos da serie de animación "Diminutos". Anímate a vir!