Skip to Content

blogue de voznatura

LIMPEZA PRAIA DE LLAS

Dentro do Programa “VOZ NATURA”, os grupos de 3º e 4º de Primaria realizamos hoxe unha actividade de limpeza na Praia de Llas, arrincando a especie invasora que tapiza e ameaza as dunas, Carpobrotus Edulis ou Unlla de gato e na procura de lixo que atopamos.

 (PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DE LA VOZ DE GALICIA)

(PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DE LA VOZ DE GALICIA)

PREMIO PROVINCIAL DA 26 EDICIÓN DE VOZ NATURA.

Onte, acudimos con parte do noso alumnado, ás instalacións da Voz de Galicia, en A Coruña a recoller o Premio Provincial da 26 edición do Programa Voz Natura, foi unha experiencia marabillosa!

Queremos agradecer a todo o alumnado e ás familias pola súa participación, a Maderas Hijos de Ramón Rubal (https://hijosderamonrubalsl.es/ ) por proporcionarnos a madeira para os bancais exteriores e a Carpinntería Iván (https://www.carpinteriaivan.es/ ), por montar gratuitamente ditos bancais.

Para ver as fotos, preme na imaxe

Para acceder á noticia preme a continuación:

PEGADA DE CARBONO

 

A pegada de carbono (CO2) e a urxencia da súa reducción para frear o cambio climático.

 

Cando cociñamos, nos duchamos, prendemos a lavadora ou o lavalouzas, cargamos o móvil, viaxamos en coche, xeneramos gases que se acumulan na atmósfera e sobrequentan o planeta. 

 

Este volumen total de gases  de efecto invernadoiro (GEI) que producen as actividades económicas e cotidiáns do ser humano  é o que se denomina “pegada de carbono

 

Dito indicador ambiental mide as emisions directas e indirectas de compostos como o metano  (CH4), o óxido de nitróxeno (N2O), os hidrofluorocarburos (HFCs), os perfluororcarburos (PFCs), o hexafloururo de azufre (SF6) e, sobre todo, do más abundante e o que máis contribuiu o quentamento global dende 1990: dióxido de carbono (CO2).

 

As Nacións Unidas na Plataforma para la compensación de la huella de carbono dispón dunha calculadora para calcular esa pegada en relación ao fogar, o transporte e o estilo de vida. Queres saber cal é a túa pegada de carbono? Clica na ligazón para acceder á calculadora.

https://offset.climateneutralnow.org/footprintcalc

 

Cada un de nós podemos contribuir a reducir o quecemento do planeta, e cada un deles conta por moi insignificativos que parezan.  Na infografía adxunta recordamos pequenos xestos que contribuen a reducir esa pegada. Qué outras medidas podes aportar ti? 

 

Para ver a infografía, pincha na imaxe

 

 

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut