try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

ACTIVIDADES ALUMNOS 4 E 5 ANOS

 

Actividades para 4 e 5 anos:

Como xa vos dixen a continuación irei subindo o traballo por semanas a excepción desta que comezarei por luns e martes.

LUNS 18 MARTES 19 MÉRCORES 20 XOVES 21 VENRES 22

 

LUNS 25 MARTES 26 MÉRCORES 27 XOVES 28 VENRES 29

 

LUNS 1 MARTES 2 MÉRCORES 3 XOVES 4 VENRES 5

 

LUNS 8 MARTES 9 MÉRCORES 10 XOVES 11 VENRES 12

 

 

   Actividades anteriores:

 

  • Facer 10 cartas cada unha cun número do 1 ao 10 e colocar sobre elas a cantidade de elementos indicada: un, dos o tres… coches, canicas, fabas… colocar o número de pinzas que indica a carta.
  • Sumas e restas sen levadas, non tedes que usar as que vos envío.
  • Series de tres obxectos.
  • Xogo do dado: necesítanse dous xogadores, cada un contará cunha lista de números do 1 ao 6 e tirarán un dado por quendas; segundo vaian saíndo os números a cada xogador os irá marcando. Aquel que remate antes a súa lista gaña.
  • Repaso das lecturas enviadas a casa.
  • Facer ditados de palabras coas letras xa traballadas e posterior debuxo de ditas palabras.
  • Ler frases das follas de lectura enviadas a casa, copialas e realizar o debuxoilustrativo.
  • Recortar letras de periódico ou revistas e formar o seu nome, frases…
  • Facer cartas con letras para crear palabras.
  • Escribídelle sílabas que poidan ler (p, s, l, m, n, ñ), que as recorten e formen palabras que despois debuxarán.

 

 

 

NOVIDADES

  • Escribidélles sumas e restas sinxelas en pinzas de madeira (7+2; 8-4...) e que as prendan á tarxeta que teña o número do resultado.
  • Debuxádelles unha táboa de 3x3 e facédelles un ditado espacial. No medio un círculo, a dereita un triángulo, enriba do triángulo un corazón...

 

As actividades impresas subidas hoxe, miércoles 29 de abril, están pensadas para realizar en dúas semanas de curso escolar aproximadamente.

 

 

 

Aquí vos deixo actividades para conmemorar un pouco a semana das Letras Galegas, xa de non poder facelo de xeito presencial....

O autor homenaxeado este ano é Ricardo Carvalho Calero, uno dos seus contos é "As pitas baixo a choiva" premede no título e poderedes velo.Tras contarlles o conto aos nenos/as poden realizar as actividades sobre o mesmo e escoitar música de "A banda das pitas".