Boas nenos e familias, non queremos que vos esquezades que dentro das casas tamén podemos facer exercicio e pasalo ben. Todos os días temos que facer un pouquiño de exercicio para manternos en forma.
Para estes días de confinamento imosvos dar algunhas opcións:
➡️ Correr a un ritmo suave durante 5 minutos (por un corredor longo de casa, arredor da cama, na terraza ou no patio).
➡️Subir e baixar escaleiras (se temos dentro da casa). En caso de non ter, improvisar un step (escalón) cun banco, unha cadeira pequena ou amontoando periódicos. Podemos facelo tamén durante 5 minutos. Con música resulta máis divertido.
➡️ Bailar: podedes inventar vós as coreografías ou imitar as que saen na internet (se poñedes en Youtube "coreografías infantís" tedes moitas para escoller).
➡️Hai xogos que podemos practicar dentro de casa implicando a toda a familia: patito inglés, pita cega, twister...
Pero tedes moitas máis posibilidades para todas as idades e non aburrirvos picando nestas ligazóns podedes practicar sós ou coas vosas familias:
XOGOS | RETOS |
VÍDEOS DE E.F |