Para continuar durante esta última semana remítovos aos xogos online que vos puxen ao comezo da cuarentena e que tedes na páxina inicial de Infantil e tamén as recomendacións de actividades manipulativas, plásticas, de lecto-escritura e lóxico-matemática....
É moi importante que o alumnado de catro e cinco anos siga repasando a lectura e escritura coas actividades que vos propuxen nas recomendacións e poden seguir realizando operacións de suma e resta.
O alumnado de tres anos tamén, a maiores dos xogos e actividades propostas, debe continuar traballando a compresión e atención mediante os contos que lle contedes, a psicomotricidade fina coloreando, recortando, pegando boliñas...
BOA SEMANA A TODOS/AS!!