try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

LINGUA GALEGA

Como xa vos dixemos, esta semana realizaremos o noso habitual repaso de contidos mediante xogos, para facilitarvos o traballo e proporcionarvos unha correción inmediata.

Aquí practicaremos as palabras co son F. Se clicades enriba da imaxe accederedes a este xogo, no que tedes que clicar enriba das imaxes de palabras que conteñan a letra f. Boa sorte!

 

      

 

 

No seguinte xogo deberedes atopar o intruso, descubrindo cal das palabras que aparecen se debe escribir con maiúscula:

 

Aquí temos outro xogo, no que tedes que seleccionar as palabras que conteñen aumentativos:

 

 

Neste outro xogo tedes que buscar os nomes dos animais na sopa de letras:

 

 

No seguinte xogo deberedes descifrar unha mensaxe oculta. Tedes que cambiar os números polas letras que vos indican:

 

 

Aquí podedes poñer en práctica outra vez o vosos talento á hora de contar historias. Tirade os dados e sede creativos!

 

 

No seguinte enlace podedes facer un debuxo das vosas vacacións ideais, e despois describilas:

 

 

Se clicades enriba desta imaxe, poderedes escoitar un precioso conto: O xigante egoísta

 

 

Por último, no seguinte enlace podedes acceder a diferentes actividades sobre o conto A vaca que puxo un ovo, que xa lemos no Día do Libro:

 

 

Aquí podedes acceder ao conto, por se precisades repasar algún detalliño: