Bos días mozo/a de 6º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:
1º MATEMÁTICAS
Para terminar la semana repasamos la unidad 4 a través de problemas. No olvides que tienes que saber operar con fracciones para realizar estos ejercicios.
2º INGLÉS
Hoxe faremos os exercicios 48 e 49 da páxina 23 do novo caderno de inglés, nas que repasaremos, unha vez máis, o uso dos comparativos e os superlativos. Podedes consultar os apuntes que elaboramos na libreta da asignatura.
No exercicio 48 tedes que construír o comparativo ou superlativo necesario para completar a frase, a partir dos adxectivos entre parénteses. Debedes prestar atención a un detalle importante: se o adxectivo vai precedido por the, o adxectivo a empregar será un superlativo. En caso contrario, empregaremos un comparativo.
No exercicio 49 tedes que observar a táboa coa información sobre Henry, Lucy, Isabel e David, e responder as seguintes preguntas:
1. Quen é o/a máis alto/a?
2. É Henry máis lixeiro ca Lucy?
3. Quen é o/a maior?
4. Quen é o/a máis novo/a?
5. É Lucy máis baixa que David?
6. Quen é o/a máis baixo/a?
7. É David máis vello ca Isabel?
8. É Lucy máis alta ca Henry?
9. É Isabel máis pesada ca David?
En función das preguntas, podedes responder co nome da persoa coa característica indicada, ou ben podedes responder Yes, he/she is ou No, he/she isn't.
3º DESCANSO 20 MIN.
4º CIENCIAS NATURAIS
Hoxe imos terminar o traballo empezado o martes sobre os seres vivos.
Tamén podes xogar aos seguintes xogos sobre o tema dos seres vivos (OLLO ESTAN EN CASTELÁN):
Xogo con actividades sobre os seres vivos
Xogo con actividades sobre os seres vivos
Páxina con moitos exercicios sobre as plantas.
5º LENGUA CASTELLANA
Realizamos el último apartado de lectura comprensiva del curso, puesto que el viernes próximo acaba el curso y no tendréis actividades lectivas. Lee las páginas 30 y 31 y realiza los ejercicios de las páginas 32 y 33.