Bos días mozos/as de 5º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:
1º MATEMÁTICAS
Para terminar la semana repasamos el tema 4 a través de problemas. No olvides que tienes que operar usando fracciones y porcentajes.
2º INGLÉS
Hoxe faremos os exercicios 40 e 41 da páxina 21 do novo caderno de inglés. Nesta ocasión practicaremos a forma negativa do pasado. Constrúese do seguinte xeito:
suxeito + did not (didn't) + verbo
Por exemplo: he didn't listen
Fixádevos en que, na forma negativa, non se lle engade -ed ao verbo.
No exercicio 40 tedes que completar as frases cos verbos do recadro gris:
didn't sing - non cantou didn't climb - non escalou
didn't go - non foi (a facer algo) didn't ride - non montou
didn't eat - non comeu
No exercicio 41 tedes que responder as preguntas sobre o que fixestes a fin de semana pasada:
1. Comeches unha pizza?
2. Viches unha película?
3. Montaches a cabalo?
4. Subiches a unha árbore?
5. Xogaches ao baloncesto?
6. Estabas contento/a?
7. Escoitaches música?
8. Saltaches nun trampolín?
A resposta a estas preguntas será Yes, I did (si, fíxeno), ou No, I didn't (non, non o fixen), excepto no caso da pregunta 6, que ao estar construída de forma diferente, tamén precisa unha resposta diferente: Yes, I was (si, eu estaba) ou No, I wasn't (non, eu non o estaba).
3º DESCANSO 20 MIN.
4º CIENCIAS NATURAIS
Hoxe imos terminar o traballo empezado o martes do tema dos seres vivos.
Tamén podes xogar aos seguintes xogos sobre os seres vivos (OLLO ESTAN EN CASTELÁN):
Xogo das plantas
Páxina con moitos exercicios sobre as plantas.
Páxina con 78 xogos sobre as plantas.
5º LENGUA CASTELLANA
Como todos los viernes tenemos lectura comprensiva. Realiza los ejercicios propuestos en las páginas 33 y 34 después de leer las páginas 31 y 32.