try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

ACTIVIDADES PARA O DÍA 10 DE XUÑO

Bos días mozos/as de 5º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:

1º LINGUA GALEGA

Hoxe faremos a lectura de comezo do tema 14, nas páxinas 206 e 207, e despois faremos os exercicios 2, 6, 7 e 9, de comprensión lectora, na páxina 208.

 

     

 

2º LENGUA CASTELLANA

Haz las páginas 42 y 43 correspondientes al apartado ortográfico "Acentuación de diptongos". El cuadro superior te servirá de repaso para refrescar lo visto en clase. 

 

 

3º DESCANSO 20 MIN.

 

4º MATEMÁTICAS

Hoy seguimos con el repaso del tema 2 a partir de problemas. Usa el libro para repasar contenidos si tienes dudas para resolver los ejercicios. 

 

 

 

5º INGLÉS

Hoxe faremos os exercicios 38 e 39 da páxina 20, no novo caderno de inglés. Nesta páxina practicaremos a construción e o uso dos verbos en pasado. Como podedes ver na parte superior da páxina, na maioría dos casos o pasado dos verbos constrúese do seguinte xeito:

verbo + ed (por exemplo: play + ed= played)

Unha importante excepción a este regra é o verbo to be, que é irregular. Constrúese do seguinte xeito: I was, you were, he was, she was, it was, we were, you were, they were.

Ao contrario do que sucedía cos verbos en presente, os verbos en pasado non varían, independentemente do número e persoa do suxeito ao que acompañan (I played, you played, he played, she played, we played, they played).

No exercicio 38 tedes que completar as frases cos verbos en pasado que aparecen no recadro gris. Sei que xa coñecedes eses verbos, pero déixovos a tradución por se precisades refrescar a memoria:

listened - escoitou                    played - xogou

watched - viu                           was - estaba

visited - visitou                         jumped - saltou

No exercicio 39 tedes que rodear a resposta correcta, en función do que fai David nas imaxes do exercicio anterior. As opcións que temos para escoller, son Yes, he did (si, fíxoo) e No, he didn't (non, non o fixo) nas 5 primeiras preguntas; e Yes, he was (si, el era) e No, he wasn't (non, non o era).

As preguntas que nos realizan son as seguintes:

1. David montou a cabalo?

2. David xogou ao fútbol?

3. David escoitou música?

4. David cantou unha canción?

5. David visitou un museo?

 

6. Estaba David feliz?