Bos días mozos de 4º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:
1º LENGUA CASTELLANA
Hoy vamos hacer una ficha de refuerzo/repaso. Búscala en las fichas de lengua que tienes en las fotocopias. Puedes hacerla en la propia ficha.
Después haremos la página 40 del libro de Lecturas Comprensivas. Hoy nos toca trabajar Gramatica: El sujeto.
2º CIENCIAS SOCIALES
Hoxe faremos os exercicios do apartado "Le e comprende o poblema" da páxina 52, nos que traballaremos as paisaxes e describiredes unha paisaxe que escollades vós mesmos.
3º DESCANSO DE 20 MIN.
4º LINGUA GALEGA
Hoxe leremos a páxina 182 e faremos o exercicio 183, no que investigaremos lendas propias da mitoloxía galega. Podedes buscar diferentes lendas e escoller a que máis vos guste, ou podedes investigar unha das lendas que vos expoño a continuación:
- A Maruxaina (lembrade que xa traballamos esta lenda na clase porque aparecía no libro de texto de 1º)
- Trasnos
- Lobishome
5º INGLÉS
Hoxe faremos o exercicio 26 da páxina 14, e o exercicio 41 da páxina 23 do voso novo caderno.
No exercicio 26 deberedes buscar na sopa de letras as palabras do vocabulario relacionado co tempo. As palabras que tedes que buscar son as seguintes (aparecen tamén no voso caderno acompañadas dun debuxo):
rainy - chuvioso hot - calor
sunny - soleado cold - frío
windy - ventoso foggy - fai néboa
cloudy - nubrado stormy - hai tormenta
snowing - nevando
No exercicio 28 da páxina 15 tedes que asociar cada imaxe coa descrición correcta. Por se precisades axuda, as traducións das descricións son as seguintes:
1) Está nevando. Estou nas montañas e está nevando.
2) Non podo ver nada. Hai moita néboa e vou camiñando pola rúa.
3) Está chovendo e estou paseando o can polo parque. Teño un paraugas así que estou ben.
4) Este sandwich está delicioso. Estou nun picnic porque é un día soleado.
5) Adoro o mar. Hoxe fai vento e estou voando a miña cometa.
6) Non quero saír fóra hoxe. Está nubrado e hai tormenta. Estou lendo un libro na casa.