try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

ACTIVIDADES PARA O DÍA 5 DE XUÑO

Bos días mozo/a de 6º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:

1º MATEMÁTICAS

Para finalizar la semana haremos la ficha de ampliación. Fíjate bien en lo que te preguntan. El problema es un poco avanzado. A ver si eres capaz de resolverlo. 

 

2º INGLÉS

Hoxe faremos as páxinas 16 e 17 do novo caderno de inglés, na que practicaremos o uso do presente continuo (I'm playing chess = estou xogando ao xadrez).

Antes de comezar, quero lembrarvos que o presente continuo se constrúe da seguinte forma:

suxeito + verbo to be conxugado + verbo rematado en ing 

Por exemplo: She is eating a sandwich

No exercicio 33 deberedes asociar cada frase ao debuxo correspondente, en función da acción que describa cada frase. Por exemplo, na primeira frase indícannos que "ela está escoitando música" e que "ela non está lendo o xornal", polo que buscaremos unha rapaza que se corresponda con esa descrición.

No exercicio 34 tedes que responder ás preguntas, e, como todas as respostas son negativas (No, they aren't), teredes que escribir unha frase indicando cal é a acción que realizan en realidade. Por exemplo: Are they playing football? No, they aren't. They are playing basketball.

No exercicio 35 tedes que elaborar dúas frases: unha frase na que indiquedes cal é acción que realizan os personaxes do debuxo, e outra frase na que expresedes, en forma negativa, cal é a acción que non realizan (evidentemente, é a que aparece tachada cunha cruz vermella). Elaboraredes todas as frases co pronome de primeira persoa do plural (we).

Por último, no exercicio 36 deberedes comparar as frases cos debuxos, e corrixir os erros. Por exemplo, no libro aparécevos rodeada a palabra summer, xa que é evidente que no debuxo que hai a carón non é verán. Buscade qué outros erros hai en cada caso.

 

      

 

3º DESCANSO 20 MIN.

 

4º CIENCIAS NATURAIS

Hoxe imos terminar o traballo empezado o martes do tema da Reprodución.

  

Tamén podes xogar aos seguintes xogos sobre o tema da Reprodución (OLLO ESTAN EN CASTELÁN): 

 

 

 

VÍDEOS DE REPASO DO TEMA

 

5º LENGUA CASTELLANA

Hoy toca lectura comprensiva. Lee las páginas 30 y 31 y completa la 32 y 33.