Bos días mozo/a de 6º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:
1º INGLÉS
Hoxe faremos as páxinas 9 e 10 do novo caderno de inglés, nos que repasaremos as horas e as actividades diarias.
No exercicio 17 tedes que escribir as horas que aparecen nos reloxos. Seguro que xa coñecedes ben a estrutura das horas porque xa as traballamos moitas veces, pero podedes repasalas na parte superior da páxina se é preciso.
No exercicio 18 deberedes completar as preguntas segundo o debuxo que aparece en cada caso. Despois, responderedes as preguntas empregando a hora que aparece no reloxo, e por último completaredes a segunda frase seguindo varias estruturas diferentes: se a frase comeza con But I sometimes... deberedes completar a frase coa acción do debuxo e a hora do novo reloxo (por exemplo: but I sometimes go to work at nine o'clock). Pola contra, se a frase comeza con I always..., completaredes a frase coa acción do debuxo e o mesmo reloxo (por exemplo: I always go to work at nine o'clock), xa que, como podedes ver, non hai máis reloxos neste caso. Por último, se a frase comeza con And I never... completaredes a frase coa acción do debuxo e o novo reloxo (por exemplo: And I never go to work at seven o'clock).
Para que os debuxo non se presten a confusión, aquí vos indico a qué acción fai referencia cada un:
1. get up (levantarse)
2. go to school (ir á escola)
3. go home (ir a casa)
4. go to bed (ir á cama)
Despois, faremos o exercicio 19 da páxina 10, no que deberedes completar as frases coa acción do debuxo (que tamén aparece no cadro gris). Por cada debuxo tedes dúas frases: unha frase na que a acción será afirmativa e outra na que será negativa. Para saber cómo debe ir a acción en cada caso, deberedes fixarvos na hora que aparece no reloxo. A frase que coincida coa hora do reloxo será a afirmativa, e a outra será a negativa. Por exemplo, se no debuxo aparece unha imaxe de nenos xogando ao fútbol e un reloxo que marca as 5.30, as frases serían:
I play football at half past five.
I don't play football at three o'clock.
Prestade moita atención tamén á construción dos verbos. Lede con atención os cadros verdes que aparecen ao comezo da páxina, onde vos recordan que os verbos engaden"s" ou "es" cando van acompañados de he, she ou it.
No seguinte exercicio debredes escribir preguntas sobre as actividades entre paréntese, para finalmente responder esas preguntas con información que sexa certa para vós, é dicir, cando realizades vós cada actividade.
2º MATEMÁTICAS
Seguimos con nuestro repaso del tema 2. No te olvides de repasar los criterios de divisibilidad en el libro.
3º DESCANSO 20 MIN.
4º LENGUA CASTELLANA
Hoy trabajaremos con la composición escrita. Haz las páginas 20 y 21 del cuaderno de lengua. Haz las actividades con interés.
5º CIENCIAS NATURAIS
Hoxe imos comezar a ler o tema: As Funcións Vitais III: A REPRODUCIÓN sacado do Blog del Profe Oscar. Traballaremos con este tema hoxe e o venres.
Despois, co lido e coa axuda do libro imos completar estes esquemas mudos entre hoxe e o venres.
VÍDEOS DE REPASO DO TEMA