Bos días mozos/as de 5º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:
1º INGLÉS
Hoxe faremos a páxina 9 do novo caderno de inglés, na que repasaremos as horas.
Antes de comezar, podedes refrescar a memoria vendo o seguinte vídeo:
No exercicio 14 deberedes completar as horas coa palabra que falta en cada caso, escolléndoa entre as opcións dispoñibles no cadro superior.
No exercicio 15 deberedes ler o que cada neno nos conta sobre os seus hábitos e a hora á que realiza cada actividade. Despois, responderemos as preguntas. Fixádevos en que sempre nos preguntan o mesmo: quen realizou certa actividade. Deste xeito, para poder contestar correctamente ás preguntas deberedes coñecer ben o vocabulario relativo a esas actividades. Repasarémolo antes de comezar, por se o precisades:
get up - levantarse
go to school (by bike) - ir á escola (en bici)
go to bed - ir á cama
play on the computer - xogar no ordenador
watch TV - ver a televisión
have a morning break - ter un descanso pola mañá
2º MATEMÁTICAS
Comenzamos con el repaso del tema 2. Revisa la información en el libro (fíjate en la diferencia entre múltiplo y divisor) y conéctate en las horas de tutoría si tienes dudas.
3º DESCANSO 20 MIN.
4º LENGUA CASTELLANA
Seguimos con las páginas 20 y 21 y trabajaremos en la composición escrita. Haz los ejercicios propuestos con interés.
5º CIENCIAS NATURAIS
Hoxe imos comezar a ler o tema: As Funcións Vitais II: A RELACIÓN sacado do Blog del Profe Oscar. Traballaremos con este tema hoxe e o venres.
Despois, co lido e coa axuda do libro imos completar estes esquemas mudos entre hoxe e o venres. Tamén podes mirar as laminas temáticas das fotocopias.