try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

ACTIVIDADES PARA O DÍA 3 DE XUÑO

Bos días mozos de 4º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:

1º MATEMÁTICAS 

Hoy seguimos con la primera ficha de refuerzo. No es muy difícil así que no deberías tener problemas para realizarla. 

 

 

2º INGLÉS

Hoxe faremos as páxinas 4 e 5 do noso novo caderno de inglés, onde repasaremos o vocabulario relacionado coas materias do colexio:

Maths (matemáticas)

Science (ciencias)

P.E. (educación física)

English (inglés)

Music (música)

Art (plástica)

...e por suposto, o "break" (recreo) e o "lunch" (xantar).

Na páxina 4 deberedes observar o horario da escola de Lucy, e completar as frases que aparecen debaixo do horario cos días nos que ten cada asignatura. Por exemplo, se tivésemos que completar unha frase explicando cando hai clase de inglés, diríamos I've got English on Monday, Tuesday, Thursday and Friday (teño clase de inglés os luns, martes, xoves e venres).

No exercicio 7 deberedes responder a qué hora hai cada asignatura no día que nos preguntan. Por exemplo, se nos preguntasen a qué hora temos educación física os martes (What time is P.E. on Tuesday?), deberíamos responder ás 12.30 (At 12.30), porque é a hora na que aparece no horario.

No exercicio 8 da páxina 5 deberedes responder as preguntas observando o horario da páxina anterior. Por exemplo, se nos preguntan se temos clase de plástica os venres (Have you got Art on Friday?), diríamos que si (Yes, I have), porque aparece ese día no horario.

No exercicio 9 desa mesma páxina, deberemos responder as preguntas da mesma forma que no exercicio anterior, pero esta vez tedes que engadir a qué hora hai esa asignatura no día concreto que vos preguntan. Por exemplo, se nos preguntan se temos plástica os venres (Have you got art on Friday?). A reposta sería si, porque aparece no horario ese día. Pero despois pregúntannos tamén a qué hora temos a asignatura (What time?), polo que deberemos engadir "ás 11.30" (At 11.30), que é a hora na que aparece o venres no horario.

 

Por último, no exercicio 10 deberedes atopar os nomes de todas as materias e rodealos.

 

          

 

3º DESCANSO DE 20 MIN.

 

4º LINGUA GALEGA

Hoxe faremos os exercicios 4 e 5 da páxina 167, nos que elaboraremos oracións de diferente xeito: no exercicio 4 deberedes unir o comezo da frase co seu final; e no exercicio 5 deberedes reordenar as palabras para formar a frase correcta.

Finalmente, deberedes inventar as vosas propias frases empregando os seguintes verbos:

      saltar      bater      ir      imaxinar     escoller     sair

                     

5º LENGUA CASTELLANA

Hoy continuaremos trabajando en el libro de Lecturas Comprensivas. Repasaremos en las páginas 23 y 24 Ortografía: Palabras terminadas en d y z.

 

 

En esta última página viene un espacio para un dictado. El dictado no será el de la página 60, sino el que os pongo a continuación. Escribir bien dentro de la pauta y con buena letra.