try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

XOVES 11

Actividades:

 Libro 4 "Máis preto que nunca" de Sirabún:

- Páxina 19: observar os autobuses como están, cal vai valeiro e cal cheo?. Colorear con pincel o autobús cheo, tamén vale con cera, papeliños... Debuxar caras nas ventás do autobús  valeiro.

- Páxina 20: observar as imaxes, que fai a xente que aparece nelas?, que medios de comunicación aparecen?. Pegar un gomet verde nos medios de comunicación individuais (mensaxería instantánea, correo electrónico, correo postal e teléfono) e un laranxa nos colectivos (televisión, revistas e xornais).

-Fotocopias páxina 8: repasar primeiro con lápis e logo con rotulador a letra u facendo unha serie utilizando dúas cores de rotulador, repasar tamén as letras grandes da parte superior da lámina. Rodear a letra u nas palabras e colorear os debuxos.