Actividades:
Os alumnos de 4 anos farán do libro 4 de Moli:
- Lámina 11: observar a imaxe que animal aparece, como é a súa pel, como se despraza, que come...? Repasar os trazos do jaguar (rotulador negro) e das lianas (poden facer unha serie con rotulador verde claro e escuro) primeiro con lápis e logo con rotulador. Repasar por tras realizando serie.
- Lámina 13: observar a imaxe. Recordar o conto e colorear o camiño seguindo a orde do percorrido realiza Moli. Completar o plano que mostra o percorrido colocando as pegaitnas dos carteis en orde correcto.
- Lámina 15: repasar con lápis e rotulador as escamas do peixe facendo unha serie de dúas cores e finalmente colorear arrastrando a cera. Por tras, repasar os trazos utilizando dúas cores de rotulador para facer unha serie.
- Lámina 28: observar a imaxe e comentala: onde está Moli, que fai, con quen está...?. Contar as persoas que hai na imaxe e escribir nos cadrados os números correspondentes. Debuxar liñas, con lápis, rectas nas árbores e curvas nas cabanas e repasalas con rotulador. Colocar os adhesivos dos paxáros cada un a un lado da lámina.
Por tras aparece o mapa conceptual da unidade. Repasar os conceptos que nel se mostran. Os seres vivos: modo de desprazarse, ciclo vital, que necesitan para a vida.... Colocar os adhesivos no lugar correspondente.
A maiores os alumnos/as de 5 anos farán:
Libro Piensa con Aris
- Lámina 9:
Por diante: colorear a cantidade de elementos indicados da cor sinalada en cada fila (3 semáforos azuis-5 verdes, 2 papeleiras verdes-6 vermellas...).
Por tras: repasar e escribir a serie numérica. Repasar utilizando unha cor para cada número, por tanto 8 cores diferentes.
- Lámina 24: observar as figuras que aparecen na táboa e como deben ser. Debuxar segundo se pide, por exemplo: primeira columna primeria fila círculo grande vermello, segunda fila círculo pequeno laranxa, terceira fila círculo grande azul, cuarta fila círculo pequeno verde e así sucesivamente.
- Lámina 26: Aris ten que regar as plantas dos seus veciños e para iso elaborou un calendario en función de cores. O luns regará as rosas o martes a que teña fondo rosa, o mércores o xirasol fondo verde, o xoves.... Recortar as flores e pegar onde corresponda.