try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

MÉRCORES 3

Actividades:

Libro 3 Letrilandia:

- Páxina 26: ler as sílabas e as palabras, repasalas e escribilas na pauta só con lápis. Baixo as palabras realizar o debuxo e colorear. 

 

Os alumnos de 4 anos farán do libro 4 de Moli:

- Lámina 4: observar aos animais que aparecen e os alimentos, que come cada un?. Unir animal-alimento primeiro con lápis e logo con rotulador utilizando unha cor diferente para cada animal.

- Lámina 6: observar a imaxe e comentala. Colorear a escena atendendo ao código de arriba: Verde escuro as follas e verde claro as ras.

A maiores os alumnos/as de 5 anos farán:

Libro Piensa con Aris 

- Páxina 16: utilizar os troqueles dos zapatos para medir as serpes e escribir o número de pasos atendendo a Aris e a Nuba no recadro indicado. Realizar o número con lápis e despois con rotulador. Rodear en cada caso a cantidade maior.

Libro Letrilandia:

- Páxina 31: Ler o texto, rodear a letra t no mesmo primeiro con lápis e logo con rotulador. Colorear os alimentos que utilizou a doutora para curar a princesiña, tachar os restantes.