try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

LUNS 1

Actividades:

Libro 3 Letrilandia:

- Páxina 22: repasar con lápiz e copiar nas pautas. 

 

A maiores os alumnos de 4 anos farán do libro 4 de Moli:

- Contar o conto da unidade 4 "Yoma e o golfiño rosa".

- Lámina 1: observar a imaxe e nomear aos animais que aparecen na mesma e as súas características. Colorear aos loros.

- Lámina 3: Repasar o trazo das eirugas, primeiro con lápis e logo con rotulador, finalmente colorealas. Repasar os trazos na parte posterior da folla primeiro con lápis e logo con rotulador utilizando dúas cores para facer unha serie.

 

A maiores os alumnos/as de 5 anos farán:

- Letrilandia páxina 24: Ler as palabras, repasalas e rodear as t maiúsculas e minúsculas das cores que se indican. Colorear os debuxos que conteñen t e tachar os que non a teñen.

Libro Piensa con Aris 

- Páxina 11 por diante: observar a lámina, onde está Aris?, cantas lámpadas hai?, cantas teñen algunha esfera? As lámpadas favoritas de Aris conteñen esferas, cales pode elixir?. Rodear e puntear con rotulador as lámpadas que Aris podería elixir e escribir o número ao lado de Aris.