Actividades:
Libro 4 "Máis preto que nunca" de Sirabún:
- Páxina 8: decorar o ceo da lámina coma se estivera atardecendo, sería adecuado para elo utilizar acuarelas con cores laranxa, vermello e amarelo, de non ter poden usar ceras desas cores arrastrándoas en horizontal sobre o ceo. Ao rematar, colocar os gomets dos globos da última páxina no ceo.
- Páxina 15: observar as imaxes e nomear o que ocorre nas mesmas (a nena baixa do avión, o home sube ao coche). Colocar os adhesivos dos pictogramas, da última páxina, onde corresponde e posteriormente ler a frase realizada.
- Libro de fotocopias páxina 6: repasar primeiro con lápis e logo con rotulador o príncipe E atendendo ao sentido das frechas.