try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

ACTIVIDADES PARA O DÍA 29 DE MAIO

Bos días mozos/as de 5º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:

1º MATEMÁTICAS

Hoy seguimos con el tema 1 que terminaremos la semana que viene. Hoy solo os mando una ficha de refuerzo. Recuerda el orden de realización de operaciones. 

     - Paréntesis

     - Multiplicaciones y divisiones

     - Sumas y restas

 

2º INGLÉS

Hoxe faremos as páxinas 7 e 8 do novo caderno de inglés.

No exercicio 11 observaremos o horario que aparece ao comezo da páxina, e responderemos ás preguntas rodeando a opción correcta sobre a frecuencia coa que se realizan esas actividades. Por exemplo, se nos preguntan con que frecuencia xogamos ao fútbol os luns, miraremos cantas veces aparece esa actividade no horario. Se non aparece, escolleremos "never" (nunca), se aparece algunha vez, escolleremos "sometimes" (ás veces), e se aparece todos os luns, escolleremos "always" (sempre).

No exercicio 12, completaremos as frases seguindo o código que nos indican (always, sometimes ou never). Fixádevos en cantos cadros aparecen coloreados de verde para saber que palabra escoller.

No exercicio 13 tamén deberedes completar as frases con esas mesmas palabras, pero esta vez segundo a información sobre vós mesmos (con que frecuencia tomades tostadas e zume no almorzo, ides á escola en bici, xogades ao baloncesto ou ordenades a habitación).

 

      

 

3º DESCANSO 20 MIN.

 

4º CIENCIAS NATURAIS

Hoxe imos terminar o traballo empezado o martes do tema da Nutrición.

 

Tamén podes xogar aos seguintes xogos sobre os aparellos que aparecen no tema da nutrición (OLLO ESTAN EN CASTELÁN): 

 

 

 

 

5º LENGUA CASTELLANA

Los viernes, como hasta ahora, trabajaremos con la lectura comprensiva. Haz los ejercicios del libro de la página 6 después de leer la lectura previa.