Actividades:
Libro 3 "Protexamos o planeta" de Sirabún:
- Páxina 13: observar a imaxe e tratar sobre obxectos duros e brandos, darlles cousas a tocar con estas cualidades. Puntear con rotulador os obxectos duros que aparecen na imaxe. Debuxar un obxecto brando que tocase (boneco, coxin...)
- Páxina 28: observar o mapa conceptual da unidade para repasar o traballado. Seres vivos son animais e plantas os animais poden ser salvaxes ou domésticos e poden desplazarse por auga, terra e aire. As plantas poden nacer de xeito espontáneo e sen necesitar coidados (bosques...) ou ser cultivadas e coidadas polo ser humano. Colocar os adhesivos que faltan (última páxina do libro) no lugar correspondente.
Con estas actividades o libro 3 queda rematado.
- Libro de fotocopias: páxina 5. Repasar ao príncipe E primeiro con lápis e logo con rotulador.