try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como sabedes o próximo día 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas, adicado este ano a Ricardo Carvalho Calero.

Debido ás consecuencias da crise sanitaria que nos tocou vivir a celebración das Letras Galegas trásladase ao 31 de outubro de 2020.

A pesar disto, dende o Equipo de Dinamización Lingüística do colexio quixemos achegarvos a figura do homenaxeado deste ano por medio de diferentes actividades.

Imos traballar as Letras Galegas aínda que teña que ser dende a casa.

Comecemos cuns vídeos sobre Ricardo Carvalho Calero

 

 

Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero / 5º Colexio San Pío X (Ourense)

 

Tema musical sobre Carvalho Calero de Samuel Soto Macia.

 

ACTIVIDADES PARA 1º

PICA NA IMAXE PARA LER O LIBRO DOS BOLECHAS SOBRE RICARDO CARVALHO

 

 

PICA NA IMAXE PARA LER O CONTO

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 

 

Aquí tedes uns xogos para facer dende o ordenador, tablet ou móbil. Se clicades nesta primeira imaxe podedes acceder a xogos cos que aprederedes un pouco máis sobre Ricardo Carvalho Calero:

 

               

 

Clicando enriba da segunda imaxe, poderedes acceder a outros xogos nos que poñeredes a proba os vosos coñecementos sobre as letras galegas. A ver cantas cousas lembrades acerca desta celebración!

                 

 

Na seguinte imaxe podedes acceder a varios pequenos textos con preguntas sobre o autor:

                 

 

 

Por último, se clicades enriba desta imaxe podedes acceder a un xogo no que deberedes unir as imaxes de varios autores homenaxeados nas Letras Galegas cos seus respectivos nomes:

                   

 

 

ACTIVIDADES PARA 4º

Preparámosvos uns xogos para facer dende o ordenador, tablet ou móbil. Se clicades nesta primeira imaxe podedes acceder a varios textos con preguntas, textos para completar ou para unir frases... todo relacionado con Ricardo Carvalho Calero:

                   

A través da segunda imaxe podedes acceder á biografía de Ricardo Carvalho Calero, así como a diferentes xogos relacionados coas Letras Galegas en xeral, e con Carvalho Calero en particular:

                                   

O seguinte xogo é un encrucillado para facer en liña. Así poderemos comprobar o que aprendestes co vídeo ao comezo desta páxina!

                    

 

 ACTIVIDADES PARA

4º, 5º e 6º

Aquí tedes un xogo de dardos moi especial. Só poderedes cravar os dardos e sumar puntos se respondedes correctamente ás preguntas acerca do autor homenaxeado. Desfrutádeo!

DON RiDardo, o xogo, trátase dun recurso educativo creado polo mestre David Rial e que ten como obxectivo coñecer a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A proposta consiste, en primeiro lugar, no visionado do vídeo biográfico elaborado polo alumnado de 5º de primaria do Colexio San Pío X de Ourense en colaboración co Seminario Galán e o ilustrador Carlos Gallego. Deste xeito pódense coñecer unha morea de datos relacionados co autor a e súa obra. 

Deseguido iníciase unha partida de dardos formada por dez tiradas. En cada unha delas formúlase unha pregunta con tres opcións, das cales unha é correcta e dúas non. Ao acertar, o tirador fai diana no centro.

PICA NA IMAXE PARA XOGAR

 

                   

 

 

PICA NAS ACTIVIDADES PRIMAVERA DAS LETRAS iTERACTIVOS

 

 

 

 

ACTIVIDADES PARA 5º e 6º

 

Actividades para 5º e 6º niveis de Educación Primaria elaboradas sobre a biografía de Ricardo Carvalho Calero polo Seminario Galán.

 

 

Actividades 5º Ed. Primaria

Actividades para 5º nivel de Educación Primaria elaboradas sobre a obra de Ricardo Carvalho Calero polo Seminario Galán

 

 

 Actividades 6º Ed. Primaria

Actividades para 6º nivel de Educación Primaria elaboradas sobre a obra de Ricardo Carvalho Calero polo Seminario Galán

 

 

Anímaste a xogar neste Kahoot!? Quen será o gañador ?

 

 

 

Pasapalabra: Ruleta de preguntas sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero: