Bos días mozos/as de 1º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:
1º LENGUA CASTELLANA
Hoy vamos a hacer el Repaso de la Unidad 11, las páginas 178 y 179. El dictado de la página 179 no lo hacemos.
También vamos a empezar a trabajar con el libro nuevo de Lecturas Comprensivas 6. Haremos la lectura nº 1.
2º CIENCIAS SOCIALES
Hoxe faremos os exercicios 1, 2 e 3 das páxinas 82 e 83, nos que traballaremos os días do ano e o calendario. Lembrade que é importante ler a explicación do final da páxina 83 antes de facer os exercicios.
3º DESCANSO DE 20 MIN.
4º LINGUA GALEGA
Hoxe traballaremos as palabras con significados contrarios (novo e vello, limpo e sucio...). Imos facer os exercicios da páxina 155.
Ademais, faremos as actividades do Día do Libro que non puidemos facer no seu momento. Na páxina 162 poderemos completar unha entrevista ao señor Gato, e poderemos completar a historia do exercicio 1 como queiramos.
5º INGLÉS
Hoxe faremos a páxina 3 do novo caderno de inglés. Aquí deberemos unir cada personaxe co seu nome. Despois, no exercicio 2 debuxaremos tantas velas de cumpleanos como nos indican.
Podedes repasar os números neste vídeo; os máis pequenos do cole coñéceno moi ben!