try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

ACTIVIDADES PARA O DÍA 15 DE ABRIL

Bos días mozos/as de 1º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:

1º MATEMÁTICAS 

Lembra facer as actividades na libreta. Fíxate ben no que che preguntan. Non fagas o exercicio tachado. 

 

 

2º INGLÉS

Hoxe faremos esta sopa de letras con vocabulario sobre Easter (Pascua). O poliño pregúntavos se podedes atopar tódalas palabras. Seredes capaces?

 

 

3º DESCANSO DE 20 MIN.

 

4º LINGUA GALEGA

Na clase Lingua Galega de hoxe imos facer unha busca do tesouro pola vosa propia casa. Deberedes coller a vosa libreta e anotar os nomes de tódolos obxectos que atopedes. 

                       

1º fase: A cociña. Tedes que buscar...

  • Un obxecto que comece pola letra "g"
  • Un alimento doce
  • Un aparello eléctrico
  • Un obxecto de cor branca
  • Unha semente

2º fase: O salón. Tedes que buscar...

  • Un obxecto que teña a letra "h"
  • Un aparello que funcione a pilas
  • Un obxecto de cor marrón
  • Un obxecto redondo  
  • Un obxecto rugoso

3º fase: O dormitorio. Tedes que buscar...

  • Un obxecto que comece pola letra "a"
  • Un obxecto suave
  • Un aparello que sexa ruidoso
  • O voso obxecto favorito
  • Un obxecto con máis de catro cores

Seredes capaces de completar toda a busca?

 

5º LINGUA CASTELÁ

Hoxe faremos un ditado para nenos moi fácil para que aos poucos aprendades a escribir correctamente. O ditado mellora a atención, a concentración aumenta e axuda a mellorar a linguaxe.

Para facer o ditado necesitades un lapis, unha goma e o caderno. Seguir as instrucións que vos manda e seredes capaces de realizalo sen problemas.

 

Pica na imaxe para comezar o Dictado

 

 

AdxuntoTamaño
Mate 1º miércoles15 abril.pdf427.82 KB
easter.pdf214.26 KB