Bos días mozos/as de 1º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:
1º LINGUA CASTELÁ
Imos retomar de novo as clases e que mellor que de forma divertida. A continuación tedes unhas cantas adiviñas. Lelas detidamente e copiar as respostas nos vosos cadernos da seguinte maneira:
1º Poñer a data de hoxe.
2º Copiar o enunciado da pregunta: Lee las adivinanzas y elige la respuesta...
3º Contesta (Non copies as adiviñas pon soamente)
Adivinanza 1 == respuesta.
Adivinanza 2 == respuesta.
2º LINGUA GALEGA
Hoxe imos realizar as seguintes actividades no caderno
3º DESCANSO DE 20 MIN.
4º CIENCIAS NATURAIS.
Imos a realizar un pequeno proxecto para comprobar, por nós mesmos, que a luz do sol é necesaria para que as plantas medren. Imos a coller catro lentellas (ou calquera outra semente que teñades na casa). Colocaremos dúas desas lentellas nun recipiente, enriba dunha servilleta empapada en auga, e poñeremos o recipiente a carón dunha ventá. Faremos o mesmo coas outras dúas lentellas, pero, en lugar de colocar o recipiente na ventá, gardarémolo nun lugar escuro (por exemplo, dentro dunha caixa).
Ao longo deste semana, comprobaremos cómo evolucionan as nosas lentellas. As miñas xa están preparadas!
5º MATEMÁTICAS
Neste comezo do terceiro trimestre decidimos comenzar repasando os contidos do trimestre anterior comenzando polo tema 5. Le ben as cuestións e fai os exercicios na libreta. Ánimo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Mate 1º martes 14 abril.pdf | 109.11 KB |
martes 14 galego.pdf | 317.69 KB |
texto_adiviñas_novo.pdf | 615.43 KB |