try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Xosé Manuel Folla Respino
Villamartín de Valdeorras (Ourense)

ACTIVIDADES ALUMNOS 3,4 E 5 ANOS

  • Poden facer os seus propios debuxos e sobre eles trazades unhas liñas para convertelos en un puzle que poden recortar e pegar. 
  • Facer puzles
  • Xogar con plastilina. 
  • Cunha huevera e unhas pinzas de cociña meter en cada oco unha pedra, avelá, noz, pompóns…
  • Tragabolas: Colocar unha caixa a certa distancia e intentar encestar nela pelotas pequenas, bolas feitas de papel de periódico…
  • Equilibristas: Seguindo unha liña do chan camiñar ela poñendo un pé diante do outro cos brazos estendidos a modo de equilibristas circenses.
  • Equilibrio con culler. 
  • Facer a nosa propia plastilina
  • Enfiar macarróns nun cordón de zapato, zapatilla, la con agulla…
  • Sementar unha legume, semente de flor… coidala e observar a súa evolución. Comezamos este proceso na aula pero quedou interrompido.
  • Debuxádelles figuras xeométricas e decoren cada tipo dun modo.
  • Realizar un debuxos partindo de figuras xeométricas (ao alumnado de tres anos as familias deberán darlle ideas).
  • Encher un debuxo dunha figura de anacos ou boliñas de papel…
  • Debuxádelles unha árbore grande e que o decoren con bolas ou anacos de papel para facer unha árbore en primavera.

                         

  • Que o neno/a trace liñas curvas nun papel e logo coloree cada sección dun ton diferente con témpera, acuarela, cera, xiz...

                        

NOVIDADES:

  • Deixádelles axudarvos con pequenas tarefas da casa como: emparellar calcetíns; axudar a poñer a mesa; colgar no tendedeiro con pinzas os calcetíns; cociñar con eles.... Estas pequenas cousas axudaránlles a ser máis autónomos.
  • Traspasar auga cunha esponxa dun cuenco ao outro.
  • Debuxarlles un círculo e que o completen recortando dunha revista ollos, nariz, boca, orellas, pelo... 
  • Facerlles debuxos e que coloreen seguindo un código. Os nenos de tres anos poden ser números do un ao tres ou as vogais e aos maiores sumas e restas.
  • Reproducir debuxos para favorecer a atención. Cos nenos de tres anos cousas sinxelas coma círculo, triángulo ou cadrado aos maiores unha casa, unha árbore...
  • Fixádevos nas actividades enviadas á casa no primeiro trimestre, pódenvos servir de axuda.
  • As obras de arte que vos subín son cadros traballados na aula que poden colorear.
AdxuntoTamaño
Obras de arte.pdf1017.28 KB
Cholo e Nela.pdf988.68 KB
Bits Inteligencia monumentos.pdf1.5 MB