Bos días mozos/as de 6º, hoxe propoñémosvos o seguinte horario de traballo:
1º INGLÉS
Hoxe imos a repasar as horas en inglés a través deste xogo. Tedes que seleccionar a hora correcta entre os tres reloxos que vos proporcionan. Por cada acerto, o gatiño da pantalla dará un paso máis, pero se fallades, caerá á auga. Intentade que o voso gatiño non afogue!
Se precisades repasar as horas antes de acceder ao xogo, podedes ver o seguinte vídeo:
2º MATEMÁTICAS
Lembramos a división con múmeros decimales. Repasade os supostos de si o decimal está no dividendo ou no cociente. Fai click no vídeo que che axudará a repasarlo.
3º DESCANSO 20 MIN.
4º LENGUA CASTELLANA
Hoxe faremos esta ficha na libreta.
5º CIENCIAS NATURAIS
Como sabedes quedarámonos no tema 5: A clasificación dos seres vivos.
A continuación déixovos uns vídeos sobre o tema con eles repasaremos a materia. Podedes ir estudiando o tema 5.
Nos vídeos nos fala de moneras como reino, no noso libro chámao reino das bacterias.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Lengia 6º martes 31.pdf | 258.52 KB |
Mates 6º martes 31.pdf | 175.88 KB |