PROXECTO TRILINGÜE ERASMUS+
O Departamento de Inglés comprácese en comunicarvos que o noso proxecto TRILINGUAL: LECTURA EN ACCIÓN foi seleccionado polo SEPIE, concedéndonos un total de 12 mobilidades. Neste caso, o proxecto está enfocado á mellora da competencia lectora nas dúas linguas oficiais, galego e castelán, e en inglés.
Do mesmo xeito, ao CEFORE, co seu proxecto INTEGRACIÓN DE LAS COMPETENCIAS EMOCIONALES EN EL SISTEMA EDUCATIVO adxudicáronselle 28 mobilidades, das cales aproximadamente corresponderán 6 para o noso centro.