BECAS NEAE CURSO 2024/2025
ABERTO PRAZO DE BOLSAS DE NEAE PARA O CURSO 2024-2025
-
Axudas para alumnado, incluíndo alumnado con TDAH (asociado as casuísticas en negriña), que requiran por un período de escolarización o a longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou de Trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA e os alumnos de Altas Capacidades sempre que teña certificado dun Equipo de Orientación educativa ou do Departamento de Orientacióndependente da administración educativa correspondente.
-
As axudas poderán ser solicitadas polos alumnos cuxa renda ou patrimonio familiar ao 31 de decembro de 2023 non superasen, de conformidade co disposto no Real Decreto 201/2024, do 27 de febreiro, os limiares seguintes:
-
Familias dun membro: 12.534 euros
-
Familias de dous membros: 20.416 euros
-
Familias de tres membros: 26.811 euros
-
Familias de catro membros: 31.801 euros
-
Familias de cinco membros: 36.089 euros
-
Familias de seis membros: 40.229 euros
-
Familias de sete membros: 44.143 euros
-
Familias de oito membros: 48.031 euros
-
A partir do octavo membro engadiríanse 3.856 euros por cada novo membro computable de la familia.
-
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.esou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, https://sede.educacion.gob.es.
-
O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive e deberá presentarse no centro onde cursará estudos no 2024-2025
Esta solicitude irá acompañada de:
-
Código Cuenta Cliente (CCC), onde o titular da conta sexa o alumno/a
-
Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar
-
Fotocopia do Certificado de discapacidade (mínima do 25%, novidade de este curso),
-
Fotocopia do Certificado das Altas Capacidades ou fotocopia do diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta ou do Trastornos Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado as casuísticas anteriores) ou TEA.
-
Memoria do gabinete que preste o servizo durante o curso 2024-2025
-
Outros documentos que se consideren ( Título de familia numerosa...)