Skip to Content

Información campo a través 2023-2024

Estimadas familias.

Nesta páxina iremos engadindo información sobre a carreira de campo a través que se celebrarán ao longo do ano.

Premendo no arquivo adxunto:<<02 autorización campionato provincial campo a través 2023-2024>>, podedes descargar o documento que os vosos fill@s terán que traer asinado autorizándoos a participar na proba.https://goo.su/BrBN

Premendo no arquivo adxunto:<<Normativa Cros campionato provincial centros educativos 2023-2024>>, tedes toda a información que nos trasladaron dende deporte escolar.https://goo.su/IW4vbMG

Outra información de interese:

Os familiares poden ir ver a carreira do alumnado. Nun dos enlaces xa aparecen os horarios pero vos deixo abaixo a hora de cada proba, segundo a normativa:

alevín masculino(2014-2013): 12:15h

alevín feminino(2014-2013): 12h

infantil masculino(2012-2011):12:45h

infantil feminino(2012-2011):12:30h

Os escolares deben levar unha camiseta branca e comida e bebida. Ao final da proba soen darlles algo para alimentarse pero non sabemos se lles será suficiente. Temos en conta que probablemente non cheguemos antes das tre e media.

Levade tamén unha muda por se vos fose necesario cambiar algunha prenda.

Un saúdo

MOI IMPORTANTE: 

Se o voso fillo/a usa broncodilatador, deberá levalo este día.

Para despois da carreira o alumno/-a levará unha muda pola posibilidade de que se manche e/ou molle. 

Esperamos que vos sexa útil esta información e que os vosos fillos/fillas pasen un gran día.

Un saúdo

 

AdxuntoTamaño
NORMATIVA PROVINCIAL CENTROS EDUCATIVOS CAMPO A TRAVES 2023-2024.pdf465.41 KB
autorización campionato provincial campo a traves 2024.pdf45.9 KB


page | by Dr. Radut