Responder ó comentario
Móvete e xoga, é bo para o teu cerebro!
Do programa Redes, na 2 de TVE, rescatamos este documental de interesantísimo labor pedagóxico e informativo. O exercicio físico e o deporte realizados dun xeito continuo e regular, ten moitos beneficios no noso organismo como: mellorar a condición física, prever enfermidades cardíacas ou sentirse mellor anímicamente.
Ademáis dos beneficios anteriormente citados, o exercicio físico é tamén un escudo de protección do noso cerebro e un estimulador do aprendizaxe e a memoria.
Ou sexa que xa sabes, corre, brinca e xoga, é bo para o teu cerebro e as túas neuronas, eso sí, todo acompañado por unha dieta saudable.
Outra conclusión que sacamos é que o sedentarismo atrófianos, tanto a nivel cognitivo, psicomotriz, social e afectivo.