MANDADOS DO MECO ¡VIVA O ENTROIDO!
Xa está aquí o Entroido, e volven os mandados do Meco!
LUNS 13
SE AO MECO QUERES SORPRENDER
ALGO NA CABEZA DEBES POÑER
SOMBREIRO, PERRUCA OU COMPLEMENTO
PARA VIR TODO CONTENTO
MARTES 14
O MARTES NON ESQUEZAS PÓR
UN CALCETÍN DE CADA COR
Á VISTA OS DEBES TER
PARA PODERNOS SORPRENDER
MÉRCORES 15
ESTE MÉRCORES PARA FACERME RIR
UNHA PRENDA DO REVÉS DEBES LUCIR
XOVES 16
PARA O ÚLTIMO MANDATO QUE DEBES CUMPRIR
COAS COUSAS DO LUNS, MARTES E MÉRCORES DEBES VIR
CON ISTO VOUME DESPEDIR
NON ESQUEZADES SORRIR