O ritmo a través do Crebanoces
Este trimestre na clase de Educación Musical estivemos traballando distintas partes do Crebanoces. Agora deixámovolas aquí e podedes intentalo na casa!!! Tedes a axuda dos vosos compañeiros do Flavia. Mirade os vídeos atentamente e tratade de facer o mesmo. Seguro que o pasades xenial!!!
En primeiro lugar temos a Danza Rusa: Veña a mover o esqueleto!!!
En segundo lugar unha marcha onde marcamos o ritmo a través da percusión corporal.
E por último, collendo dúas culleres... podemos facer a percusión da Danza da Fada de Azucre.
Non vos esquezades que os vídeos poden verse máis grandes premendo no icono de youtube e en boa calidade na configuración representada por unha rodiña dentada. Esperamos que vos gusten.