Eventos
O 31 de outubro dedicarémolo a celebrar o Magosto e Samaín, festas propios da estación de outono.
O alumnado de 5 anos e 2º de Primaria farán unha saída o mércores 14 de novembro ao Hostal dos Reis Católicos de Santiago onde terá lugar unha charla da asociación Galicia Destino Familiar.
O vindeiro 20 de novembro o alumnado de 5º e 6º participará nunha charla do Plan Director impartida pola garda civil acerca da violencia de xénero.
Ás 17 horas tamén haberá unha charla sobre o mesmo tema para as familias.
O alumnado de 1º asistirá a unha función de teatro na fundación ABANCA en Santiago de Compostela.
O 29 de novembro o alumnado de 6º de Primaria terá un Obradoiro de Consumo Responsable.
O alumnado de 5º de Primaria e Educación Infantil asistirá a un obradoiro de Consumo Responsable o vindeiro 30 novembro.