A NUTRICIÓN

APARATO DIXESTIVO

COMEZARON OS "CONTAVENRES"

O pasado venres 4 de outubro comezamos os "Contavenres" deste curso. O último día da semana escolar, á hora do recreo, na Biblioteca contarase, representarase, proxectarase, etc algunha historia para que o alumnado que o desexe vaia a disfrutar dela.

Comezaron un grupo de alumnas de 5º de EP co libro "O segredo do rei Curro". A asistencia foi moi numerosa e pasámolo moi ben.

Velaquí unha pequena mostra dese momento.

VISITAMOS BONILLA A LA VISTA

Os nenos e nenas de primeiro visitamos a fábrica de patacas fritidas "BONILLA A LA VISTA".


Estivemos moi atentos/as cando nos explicaron o proceso:



  • As patacas están en sacos xigantes (1.200kilos!).

  • Soben a bañeira por unha cinta e alí lávanas.

  • Seguen a máquina picadora onde as cortan e lles sacan o amidón.

  • A fritideira está pechada e parece un túnel.

  • Cando están fritidas pasan a unhas bandexas para pesalas e empaquetalas.

  • As bolsas colócanas en caixas para lévalas ao almacén.

  • Alí están gardadas ata que as reparten aos supermercados, cafeterías e tendas de alimentación.

  No almacén vimos outros productos que reparten cando levan as patacas: aceitunas, madalenas...


Cando rematamos a visita regaláronnos unha bolsa de patacas e un paquete de "gusanitos" que comemos cando chegamos ao colexio.


Que ricos estaban!


SOMOS POETAS

Chegou o final de curso

Chegou o final de curso o 22 de xuño. Como outros anos organizamos unha Festa de Xogos con moitas actividades como xogos alternativos, futbol, minibasket, carreiras de orientación, saltos e mates, volei, play wii, xogos on line, etc.

Tamén o alumnado de infantil e 1º disfrutou dunha obra de teatro "Historia dunha Semente" a cargo de Caramuxo Teatro. Xa para rematar o día entregamos as tradicionais orlas ao alumnado de 5 anos e pola tarde, e nun entorno festivo e entrañable , fixemos a festa de graduación de 6º de pimaria. Noraboa a todos polo voso interese e participación e que teñades moita sorte na nova etapa de secundaria.

   

Vídeo da festa de graduación de 6º

Discurso de despedida de Lucía Mata en nome dos compañeiros de 6º.

Montaxe fotográfico da viaxe a Madrid de 6º EP

 

Solidaridade con Haiti

Como sabedes o ANPA do Colexio promoveu unha actividade solidaria co pobo de Haiti logo da catastrofe que padeceron.

Pois queremos darvos as gracias xa que temos recaudado 606,14 euros.

Os cartos transferímolos á conta da ONG "Mano a Mano" 2100- 5745-28-0200017536.

Grazas pola vosa colaboración

CANTOS DE NADAL

Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis,
foron a desculpa perfecta para faceren unha noite de alegría, de
acompañamento e de ilusión, para moitos dos galegos e galegas .

Se queredes máis información, pinchade aquí.

Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro está adicado ás persoas con discapacidade. Un curso máis o colexio quixo estar presente  nesta conmemoración e para esta ocasión montamos un circuito no patio, para que o alumnado de primaria tivese a oportunidade de poñerse no lugar das persoas que teñen que utilizar cadeiras de rodas por mor da súa discapacidade.

Tamén o alumnado de infantil  experimentou as dificultades coas que se atopan as persoas cegas recorrendo outro circuito no patio cuberto.

Agradecer dende aquí a colaboración da Cruz Vermella que nos cedeu as cadeiras de rodas,

Powered by Drupal - Design by artinet