SEMANA DA INTERCULTURALIDADE
Durante a última semana de maio, no corredor da entrada ao colexio estiveron expostos os traballos que nenos/as, pais, nais, avós, avoas... fixeron para contarnos un pouco máis sobre os seus países de procedencia.
Aprendimos un montón de cousas de todos eses lugares do mundo: donde están; algo da súa historia, os seus monumentos, as súas bandeiras, os seus xogos e os seus postres ou platos típicos.
Por todo iso, no noso ciclo, fixemos un día especial do xoves 30 de maio. Todos os cursos visitaron a exposición, fixeron búsquedas de tesouros, gincanas de pistas, xogamos no patio a varios xogos do mundo (un de cada continente) e para rematar, fixemos unha degustación incríbel de algúns postres que elaboraron as nais, pais, avós, avoas e nenos e nenas nas súas casas.
Mirade un resumo en fotos!!
<7center>