Folga no ensino

Ante a xornada de folga no ámbito educativo a nivel estatal contra a futura Lei educativa, LOMCE, convocada pola maioría dos sindicatos para o xoves 9 de maio, comunicámoslles, que máis da metade do profesorado do Colexio manifestou a súa intención de secundar esta convocatoria de folga.

En todo caso, o Centro permanecerá aberto, e o alumnado que asista á escola será atendido polo profesorado disponible, na medida das posibilidades existentes.

Polo que respecta aos servizos de madrugadores, comedor e actividades extraescolares, indicamos que funcionarán con  normalidade.

Powered by Drupal - Design by artinet