Información sobre admisión de alumnado

Nos últimos anos o plazo de entrega de solicitudes para admisión de novo alumnado nos centros educativos era o mes de marzo. Neste momento non podemos asegurar que este curso tamén sexa así. A causa é a publicación dun novo Decreto que regula a admisión de alumnado e deroga a lexislación existente ata o momento. A Consellería de Educación debe desenvolver o novo Decreto cunha Orde que o regule, e aclare diferentes cuestións sobre o proceso de admisión. Esta Orde será tamén a que determine os prazos de presentación de solicitudes nos diferentes colexios. Polo tanto recomendamos ás familias interesadas que permanezan atentas a inminente publicación deste documento.

No caso do noso Colexio realizaremos unha XORNADA de PORTAS ABERTAS o luns 11 de marzo ás seis da tarde. Durante á visita guiada ás instalacións escolares, trataremos de aclarar dúbidas relacionadas, tanto co funcionamento do Centro, como sobre o proceso de admisión.

Powered by Drupal - Design by artinet