O CARBALLO CON BOTAS
Despois de ler o libro "O CARBALLO CON BOTAS" preparámonos
para a visita ao colexio do seu autor, Anxo Moure.
Contounos cousas moi interesantes sobre os bosques e,
tamén nos explicou como debemos coidar a natureza.
Fixemos uns xogos moi divertidos nos que participamos
con moito entusiasmo.
Cando marchou, na súa bicicleta, saímos a despedilo.