Skip to Content

CHANDAL E EQUIPACIÓN DEPORTIVA

         

Estimados pais e nais: dende a ANPA Avilés de Taramancos queremos convidarvos a adquiri-lo chándal cuxo deseño estará vixente ata o curso 2015/2016.

           Co fin de ofrecer a mellor solución en relación cal

idade/prezo, optamos por confiar nunha marca deportiva recoñecida (JOMA), e nun modelo que o noso criterio, se adapte as necesidades de uso e o mesmo tempo se diferencie dos outros centros educativos da vila.

            Ademáis do chándal, está tamén dispoñible o conxunto de camiseta e pantalón curto.

PREZOS:CHANDAL COMPLETO .............39,50 € / CHANDAL (Chaqueta)………… 21,00 €

            CHANDAL (Pantalón)…..…………. 18,50 € / CAMISETA …………………….…… 16,00 €

            PANTALÓN CURTO…………………… 13,50 €

            (Os prezos incrementáronse debido a que se aplicou o incremento do I.V.E. que durante todo o curso pasado se mantivo no 18%)

            DEPORTES CASAIS, S.L., será o encargado de comercializar os productos, estarán expostos no seu local da Rúa Calvario, nº 29, donde se pode facer a reserva e proba-las tallas.

            O obxetivo principal desta iniciativa é que o maior número posible de nenos/as, do centro utilicen as prendas, polo que o prezo é o mesmo para socios que para non socios; aínda que os socios da ANPA para o curso 13/14 disporán dun 10% de desconto en Deportes Casais, dende a compra do chándal ata o 30 de Xuño de 2014, en todos os productos da tenda.

            Recordámos que o uso do chándal non é obrigatorio no centro.



page | by Dr. Radut