Skip to Content

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Xa chegou o tempo da excursión de fin de curso, este ano coa intención de facer que a excursión se adapte máis as idades dos rapaces, faremos dúas excursións por separado.

            25 de Maio (Sábado): Excursión ás illas Cíes. Para alumnos de 3º a 6º de Primaria, realizando acompañados de guías e monitores a Ruta de Mote Faro (7 Km, 3 h.). Saída 8:00 horas; Chegada 20:30 horas, Lugar: Estación de autobuses de Noia. (Levar comida, roupa cómoda, gorra, bañador e crema solar). Acompañantes: Como máximo poderá acudir 1 acompañante por nen@ se o estimades necesario, o custe para os acompañantes será de 10,00 €.

            01 de Xuño (Sábado): Excursión a Casa das Ciencias, Casa Domus e Casa dos Peixes . Para alumnos de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Viaxaremos en tren dende Santiago á Coruña, veremos o espacio no planetario, unha impresioante película en 3D e coñeceremo-la vida baixo o mar. Saída 09:00 horas; Chegada 20:00 h, Lugar: Estación autobuses de Noia. (Levar comida, roupa cómoda, gorra) Acompañantes: Como máximo poderá acudir 1 acompañante por nen@ se o estimades necesario, o custe para os acompañantes será de 10,00 €, entendemos que o número de acompañantes nesta excursión será máis elevado, polo que vos pediríamos a vosa colaboración para que un pai poidera acompañar a varios nenos que sexan coñecidos. 

            Importante!!! Os alumnos de 1º e 2º de primaria poderán escoller a excursión que prefiran, pero se escollen as Cíes é obrigatorio facela camiñata, e vós como país sodes quen debedes de valorar ese punto.

             DATA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE: MARTES 21 DE MAIO AS 14:00 HORAS, non se aceptará ninguna inscripción fora dese prazo. Deixar inscripción no buzón da ANPA. Para unha mellor identificación do grupo levar chándal e camiseta do centro, no seu defecto se é posible sudadera ou camiseta vermella. O pago dos acompañantes farase en efectivo o mesmo día da excursión.

Descargate aqui o boletín para a inscripción

Descargate aqui os Consellos útiles para a Excursión ás illas Cíes



page | by Dr. Radut