Skip to Content

Benvidos ao noso cole

Benvidos ao noso cole

 

 CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera

O Casal S/N , Guláns

36860 Ponteareas

Novo número de teléfono: 886 11 05 85

 Correo electrónico:

ceip.feliciano.barrera@edu.xunta.gal

Podes seguirnos en Facebook ou 

Instagram.

 

PERÍODO DE MATRÍCULA ABERTO

Desde o 20 ata o 30 de xuño podedes formalizar a matrícula das alumnas e alumnos novos no centro. 

Para iso debedes entregar a seguinte documentación: 

  • Anexo III-1
  • Recollida de datos
  • 4 fotos tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

No caso de que necesitedes servizo de transporte escolar, tamén entregaredes estes dous documentos:

  • Solicitude transporte
  • Autorización datos transporte.

Todos os documentos necesarios podedes descargalos nos adxuntos desta mesma publicación ou recollelos no colexio.

Ante calquera dúbida animámosvos a que vos poñades en contacto connosco, tanto por teléfono como por email. 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2025-25

Aínda non acabou este curso e xa hai que pensar no que vén.

 

No arquivo adxunto podedes descargar a listaxe de libros de texto necesarios para o curso que veñen. 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Comezou o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Manterase aberto ata o 21 de xuño. 

Como sempre, podedes facer a solicitude presencialmente no colexio ou a través da sede electrónica.

Deixámosvos unha ligazón con toda a información e os documentos necesarios para descargar. 

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto connosco. 

 

Admisión alumnado Curso 2024 - 2025

Informamos de que todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, está admitido. 

Durante o mes de xuño explicaremos como formalizar a matrícula. Ante calquera dúbida ou inquietude acerca do proceso non dubidedes en poñervos en contacto co centro

Distribuir contido


by Dr. Radut