CONTINUAMOS A TRABALLAR - ACTIVIDADES DO PROFE MIGUEL

Bo día a tod@s.

Agradamos que estades ben e que manteñades o ánimo. Pensade que xa queda menos para saír pouco a pouco desta situación!!!!

Mentres o Concello procede ao reparto do voso material que estaba no centro, imos colgando algunhas tarefas para que vaiades traballando aos poucos, sen agobio, pero sen perder rutinas.

As actividades son enviadas polo profe Miguel, en principio para o alumnado de programa Reforza-T, pero recomendamos que as fagan todo o alumnado, xa que son interesantes para practicar a lectura comprensiva,  habituarse a realizar esquemas e resumos, etc.

Lembrade tamén que,  se necesitades imprimir algún material e non tedes posibilidade de facelo na casa, o Concello se ofrece a imprimilo e a enviárvolo a casa!!!

 

Pasa iso mandades un correo a concellodesanamaro32074@gmail.com  e engadides os arquivos que queredes adxuntar ou o enlace coa páxina web do cole!!!

Unha aperta moi grande!!!!

 

 

 

 

AnexoTamaño
esquema y resumen 3º.pdf478.44 KB
Lectura Comprensiva 3º y 4º 2º.pdf349.76 KB
Lectura Comprensiva 3º y 4º .pdf229.77 KB