AXUDAS PARA AS FAMILAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR

O luns 30 de marzo plublicouse a Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Podedes ver a convocatoria no seguinte enlace: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

Estas axudas deberían ser solicitadas "preferiblemente" telemáticamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa Chave 365 ou a sinatura ou certificado dixital. Tamén podían ser xestionadas directamente dende o centro sempre que as familias aportasen a documentación necesaria.

No día de onte, cando estas axudas xa podían ser solicitadas, a dirección deste centro XA CURSOU, a solicitude de axuda para as familias de todo o alumnado deste centro que tiña dereito ás mesmas.

Agradecer a tod@s a vosa colaboración