Tarefas para Casa

Ola, familias!

   Aproveitamos estes días para que os nos@s fill@s colaboren nas tarefas domésticas, realicen actividades educativas e lúdicas e sigan cultivando as súas afeccións.

  Establecer rutinas diarias aportaranos benestar. As actividades educativas formarán parte deste funcionamento diario e seguiremos un horario establecido: catro horas de traballo diario pola mañá, ou repartidas mañá e tarde, podería ser unha boa opción.

 

    Actividades educativas xenéricas recomendadas:

    1.- Lectura de libros dos que se dispoña na casa e adaptados á súa idade e intereses.

   2.- Escritura dun pequeno diario sobre as vivencias e impresións de cada día. (Adxúntase modelo)

   3.- Actividades de repaso dos libros de texto do curso. (Adxúntanse actividades propostas)

   4.- Actividades online de tipo educativo e lúdico en páxinas web:

       - Jueduland (xogos interactivos e actividades de repaso clasificadas por editoriais e materias) 

       - Mundo Primaria (actividades lúdicas e educativas, a maioría de matemáticas e linguaxe)

       - As horas do reloxo (1)

       - Interpretación das horas do reloxo (2)

       - Xogos para traballar meros e operacións, unidades de medida e resolución de problemas

       - Xogos de linguaxe para traballar ortografía, vocabulario e comprensión lectora

        -Actividades de lectura comprensiva con corrección

       - Actividades e xogos de ciencias da natureza e ciencias sociais. (Elixir temas dados)

 

   Organización do traballo diario

    1.- Realizar cada día actividades de lingua castelá, lingua galega,matemáticas e lectura.

    2.- En días alternos realizar actividades de ciencias da natureza e de ciencias sociais.